sexta-feira, agosto 17, 2007

Xacobe Meléndrez

Participa no Congreso aportando algunhas das súas obras fotográficas para a exposición de fotografía "Ollando a lusofonía".
Aínda que naceu en Honduras, trasladouse a Galicia a idade temprana de dous anos. Recibiu a súa primeira cámara fotográfica aos 11 anos, e dende aquela a fotografía pasou a ser un dos aspectos máis importantes da súa vida, asistindo a talleres con recoñecidos fotógrafos como Joan Foncuberta ou Ed Kashi.
Na súa obra atópase claramente representado o medio ambiente e o enfrentamento do home co seu entorno; a través dos elementos naturais e artificiais plasma o autorretrato persoal e social.
É autor dunha produción fotográfica inxente, realizando tanto exposicións propias como participando en exposicións colectivas. Recibiu varios premios tanto a nivel galego como estatal.

As fotografías de Xacobe seleccionadas para a Exposición colectiva "Ollando a lusofonía" corresponden á serie Senevio Primeiro, á cal o autor lle adica as seguintes palabras:

"O desguace deste pesqueiro de arrastre do Gran Sol ,con base no porto de Celeiro (Viveiro-Lugo), tivo lugar no ano 2006 no porto da Coruña.
Máis aló da historia do propio barco, pon-se de manifesto a crise do sector pesqueiro en Galicia, que ben por sobrepesca, ben por intereses Comunitarios, ve-se abocada ao desmantelamento da propia flota.
Mentres, os profesionais do sector –armadores, patróns , mariñeiros...- pioneiros nos caladoiros de todo o mundo, recolocan-se noutros barcos, baixo outras bandeiras comunitarias que os enrolan xunto con portugueses, peruáns, cavoberdiáns... só o capitán, por esixencias do “guión”, ten a nacionalidade do barco.
O desguace é unha tarefa delicada e ruda a un tempo, pois o aceiro e outros materiais reutilizábeis destes relativamente novos barcos, van acompañados de sustancias perigosas, inflamábeis, combustíbeis, tóxicas... que é preciso manipular baixo control, seguindo a lexislación actual, que defende o medioambiente e a seguridade dos traballadores. Seguindo estos protocolos encaréce-se o proceso, polo que moitos optan por realizar estas operacións en paises menos estrictos: nas praias da India, China, Turquía ou Bangladesh -onde foron fotografiadas por Edwar Burtynsky no ano 2000, nunha serie memorable “Shipbreaking”-.

Segundo datos de Greenpeace, máis de 100.000 persoas traballan no desguace de barcos nas praias dos paises asiáticos sen ningunha garantia de saude para os traballadores e o medioambiente".

Xacobe Meléndrez Fassbender (agosto 2007)


A súa páxina web é:
http://www.xk3foto.com/

Nenhum comentário: