sexta-feira, agosto 31, 2007
Diosmar Filho
Participa no Congreso na Roda da Xuventude Lusófono e Galega, xunto con Ruben Cela e Fabio Deboni, e no Encontro de Puntos Focais Luso Galaicos en Educación Ambiental.
É graduado en Xeografía pola Universidade Católica de Salvador-Bahía. Ten a capacitación en "Desenvolvemento Territorial" pola Secretaría de Educación a Distancia - Universidade Federal de Santa Catarina / Ministerio de Integración Nacional, e "Saúdo da poboación negra" - Universidade Federal de Bahía, Facultade de Nutrición/Secretaría Municipal de Saúde - Salvador de Bahía.
Nos últimos 11 anos ten colaborado no Movemento Popular organizado nas periferias de Salvador e no interior de Bahía na elaboración, captación de recursos e xestión de programas e proxectos socioambientais. É responsable do desenvolvemento e implementación de proxectos socioambientais e culturais do grupo cultural Gagumçaço e do Grupo de Açao, Mobilizaçao e Desenvolvimento - ABAKÊ. Educador na elaboración da Axenda 21 de Passagem dos Teixeiras - Candeias- Proxeto de Olho no ambiente PETROBRÁS. 2005 - Delegado Rexional - I Conferencia Estadual do Meio Ambiente - SEMARH, UPB, Ministerio de Meio Ambiente, IBAMA e ANAMMA - Salvador- BA; 2005 - Delegado Estadual - II Conferencia Estadual de Meio Ambiente, Ministerio de Meio Ambiente, IBAMA e ANAMMA - Brasilia- DF; Membro do equipo de organización e movilización do "Encontros das Águas " SRH/SEMARH.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário