sexta-feira, agosto 17, 2007

Helena Freitas

Participa no Congreso como palestrante na área de traballo "Educación ambiental e Biodiversidade"
É graduada en Bioloxía pola Universidade de Coimbra (Portugal) en 1985. É catedrática no Departamento de Botánica desa Universidade, onde fixo o doutoramento en Ecoloxía das Plantas. Entre 1994-95 sacou un postdoutoramento en Ecoloxía, estudando os ecosistemas mediterráneos, na Universidade de Stanford en Estados Unidos. Tamén é directora do Xardín Botánico da Universidade de Coimbra, presidenta da Sociedade Ecolóxica Portuguesa e forma parte da xunta directiva da Federación Europea de Ecoloxía.

Máis información:
http://www.uc.pt/ecology/assets/pages/pessoais/helenafreitas.htm

Nenhum comentário: