Participa coas súas fotografías na exposición "Ollando a lusofonía" que se mostrará con motivo do Congreso.
A súa mostra fotográfica "Indios do Mato Grosso" é un rexistro do cotián e de representacións culturais de seis aldeas indíxenas realizado entre os anos 1993 e 1998. Estas imaxes representan pobos como os Rikbatsa, cos seus aderezos para o nariz e as orellas; ou os Xavantes, coa súa cerimonia de iniciación dos mozos guerreiros, nun ritual dun ciclo completo da lúa, e coa participación de toda a aldea. Son fotos dos Nambikwara, do Parque Indíxena do Xingu, dos Bakairi e o seu Yakuigade, espíritos de peixes e paxaros, commemorando a colleita do millo. Aínda presionados, atopándose nunha ameaza constante as riquezas dos seus territorios e das súas culturas, este indios tentaban resistir mantendo as súas tradicións, manifestacións, resistindo ao asedio do "home branco".
Estas fotografías tentan amosar eses momentos particulares de demostración da enorme variedade cultural do indio brasileiro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário