sexta-feira, agosto 24, 2007

Dora Blanco

Vai participar na área de traballo Educación Ambiental e Universidade contribuindo coa súa experiencia adquirida durante estes anos. Aportará unha visión de cómo se xestiona o proxecto Plan de Desenvolvemento Sostible na Universidade de Santiago de Compostela e cales son os puntos fuertes e débiles no seu desenvolvemento.

É profesora da Área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da Universidade de Santiago de Compostela. E dende xaneiro de 2004 cordinadora da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, que desenvolve o Plan de Desenvolvemento Sostible. O Plan de Desenvolvemento Sostible e un ambicioso proxecto que pretende que toda a actividade que se desenvolva na USC o faga baixo criterios de sostibilidade e, en particular, de respecto polo Medio Ambiente. O papel da Oficina de Desenvolvemento Sostible é de catalizador e dinamizador de actividades. Estas van dende a organización de cursos, exposicións e outras actividades de sensibilzación ata o fomento de participación ambiental entre os estudantes, persoal de administración e servicios e os profesores. Tamen actividades de Xestión ambiental da propia universidade: Xestión de residuos, reducción da contaminación lumínica ou acústica, promoción de xardiñería basada en flora autóctona,… Todas as actividades en curso poden consultarse en www.usc.es/plands

Un dos proxectos de educación ambiental máis ambiciosos que desenvolve a Oficina é a convocatoria cada curso académico de Bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria, que se promoven en colaboración coa Oficina de Participacion Social da Universidade. A USC forma parte a través da súa Oficina de Desenvolvemento Sostible de unha rede de traballo xunto con outras universidades españolas: a grupo de traballo de Calidade Ambiental e Desenvolvemento Sostible da CRUE. Este é un foro de intercambio de experiencias con outras universidades españolas e de prantexamento de proxectos en común.

A continuación algunhas imaxes que se están a levar a cabo desde a Oficina de Desenvolvemento Sostible:


Nenhum comentário: