terça-feira, agosto 28, 2007

María Muiños Pardavila


Participa no Congreso como dinamizadora da área de traballo "Educación Ambiental nas Axendas 21" xunto con Joaquím Ramos Pintos, e Teresa Franquesa como palestrante.

É Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa en Cidadanía, empresa cooperativa formada por un equipo multidisciplinar de profesionais que traballan no ámbito das ciencias sociais. Traballa como técnica ambiental, coordinando proxectos de investigación, participación e planificación relacionados co medio ambiente, orientados á conservación e o desenvolvemento sostible. Neste ano 2007 coordinou o "Plan de dinaminación e participación social da Axenda 21 local" na cidade de Lugo. Ten publicado algunhas unidades didácticas de Educación e Divulgación Ambiental para o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Nenhum comentário: