Vai a colaborar no congreso coa instalación dunha Ciclobiblioteca Solidaria, durante o Café con Letras do día 27, na que se mostrarán publicacións sobre Educación Ambiental e Solidariedade en Galicia e Portugal.
Este home, que vive preto da Serra do Faro, é ante todo un andador en bicicleta (de Garabelos a Amazonia, de Fisterra a Lisboa) e un abrazador de árbores. Nos seus méritos, ou máis ben deméritos, están o de amolar á xente que está no poder, encadeándose ó Parlamento Galego, encerrándose con lixo no Concello ou vestíndose de trasno detrás dos concelleiros para protestar polos incendios, polos verquedoiros incontrolados ou polo maltrato ós refuxiados.
Xunto co seu amigo ciclista Manolo Díaz fundaron Xevale Ecoloxía cos seus bici-vixías e cazadores do lixo. Agora envia bicis a mestres e médicos do terceiro mundo a través da ONG Bicis Pola Paz, artella contos sobre o coidado do medio ambiente da man do colectivo Papaventos (premio de educaciòn ambiental en Galicia 1990 e premio Agronatura a mellora da calidade de vida 1991).
Baixo o nome de Carballo con Botas ou Tío Teixo viaxa polas escolas dende Portugal a Asturias, do Bierzo ate o Caurel. Antes trasformábase no trasno do deserto Juja e agora convértese en paiaso refuxiado de nome “Tarbús” (sombreiro), para lembrarlle ós nenos a través da mímica a terrible situación de millóns de refuxiados, cambia estos contos por lápices para as escolas saharauis, que envia a asociaciòn Achass os refuxiados de Tinduf.
Máis información:
http://www.ciclobiblioteca.blogspot.com/
Nenhum comentário:
Postar um comentário