quinta-feira, agosto 16, 2007

Programación cultural

O I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia estará acompañado dunha programación cultural que intentará ser unha mostra das culturas dos distintos países que participarán no evento. Desenvolverase un abano de posibilidades para que os asistentes ao Congreso e o público en xeral poida empaparse da etnografía de países como Brasil, Mozambique ou Angola, entre outros. Estas son as propostas:

- Exposicións fotográficas.





  • Ollando a lusofonía: Exposición colectiva.
Artistas dos diferentes países tráennos pequenos pedazos da súa paisaxe, das súas xentes. Contrastes e unión compartindo espazos e achegando dende as semanas previas os países lusófonos a composteláns e visitantes.
Os artistas que participan nesta iniciativa son:
- Sebastião Salgado.
- Vitor Nogueira.
- Antonio Campos.
- Xacobe Meléndrez.
- Xulio Villarino.

- Mário Jaleco.
- Jorge Rosmaninho.
- Ricardo Franca.
- Katia Silva.








  • Ollando a lusofonía: Unha reflexión. Présa.
Exposición de Xacobe Meléndrez.

Acceso ás imaxes da exposición en:
http://www.xk3foto.com/webart3/index.htm

-Música.





  • Uxía Senlle.
Esta galega, adicada dende fai máis de 20 anos á música, é unha das voces máis recoñecidas valoradas do panorama musical galego da actualidade. O seu primeiro álbum, Foliada de marzo (1986), atopábase moi influenciado polo espertar da poesía galega na mImaxe de Uxía Senlleúsica
popular. Aínda e que posteriormente pasará a fomar parte do grupo Na Lúa, deixarao no ano 1991 para retomar a súa carreira como solista. A súa traxectoria non supón cambio, senón unha evolución marcada polas colaboracións con outros artistas, moitos deles procedentes doutros países.
O seu espectáculo "Cantos na Maré", deseñado por ela mesma e cuia segunda edición celebrouse en agosto de 2004 en Pontevedra, foi concebido como punto de encontro de artistas de culturas de fala portuguesa: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, etc.
Se queres coñecer un pouco máis a Uxía, visita a seguinte web:

http://www.nordesia.com/info-2005/050401uxia.html







  • Narf trío.
Fran Pérez coa guitarra acústica, Marcos Teira coa guitarra flamenca e Pepe Sendón, ben coa percusión do caixón, ben co timbre envolvente do vibrófono, forman este trío que aposta pola exploración de cancións cunha instrumentación reducida. Narf ofrece un concerto aImaxe de Narf tríocústico no que a orixinalidade e a sinxeleza son as mellores compañeiras da voz dun solista que reparte a súa actividade artística entre o teatro e o rock.
Se queres escoitar o single "Quiero ser tambor" de Narf, podes acceder dende aquí.
Máis información do trío en:
http://www.psicofonica.com/narf.html
www.myspace.com/uknarf






  • Corda de Barro.Imaxe de Corda de Barro
Grupo formado por músicos e educadores ambientais que traballan neste proxecto conxunto dende o 2001. Busca a sensibilización ambiental a través da música, contos, poemas, historias faladas e exercicios de composicións musicais colectivas.
Visita a súa web:
http://www.cordadebarro.com/site/

- Historias da lusofonía. Cinema e audiovisuais.






  • Cinema documental lusófono.
O domingo previo ao Congreso proxectaranse documentais dos países lusófonos, para descubrir e compartir as diferentes realidades e problemáticas sociais e ambientais. Terán lugar na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela).
Documentais cedidos por:

A entrada é gratuíta ata completar o aforo.
Os documentais que sen va a proxectar son:



18:00 h. BATUQUE – A ALMA DUN POBO
Dirección: Júlio Silvao Tavares
Duración: 52’
País: Cabo Verde
Ano: 2005
Sinopse: O Batuque é a mais antiga manifestación cultural de Cabo Verde. Reprimido e proibido durante a colonización, por ser considerado ofensivo da boa moral, o batuque ofrécenos un prisma único por onde se filtra a propia Historia de Cabo Verde.




19:00 h. MIONGA KI ÔBO – MAR E SELVA
Dirección: Ângelo Torres
Duración: 52’
País: Sao Tomé e Príncipe
Ano: 2005

Sinopse: A actividade de pesca no seo dos angolares adquire contornos diferentes ao resto da poboación de Sao Tomé e Príncipe. A pesca para un angolar é mais do que unha simple actividade laboral relativa a sua sobrevivencia. A actividade en si representa unha forma de afirmación e recoñecemento no seo da comunidade.




20:00 h. BISSAU D’ISABEL
Dirección: Sana Na N’hada
Duración: 52’
País: Guiné Bissau
Ano: 2005

Sinopse: Bissau é a cidade capital da Guiné onde se aglutina e funde o mosaico étnico-cultural do país. Cerca de 21 etnias con culturas e linguas por veces totalmente distintas. Isabel é o pretexto para descubrir esta cidade en ebulición.







  • Audiovisuais.



As instalacións da Facultade, máis tamén as fachadas e paredes baleiras de Santiago, falarán, cantarán, recitarán dende estas creacións audiovisuais as diferentes culturas. Audiovisuais temáticos sobre o mar, a paisaxe, gastronomía, tradición oral, costumes, etc., en permanente exposición sorprendendo e aledando as rúas da cidade.




- Café con letras:




Xoves (quinta-feira) día 27 de setembro, ás 11:30 h na Facultade de Filoloxía (Sede do Congreso)




No tempo do Café, haberá varios postos (stands) de librerías galegas e portuguesas con materias da literatura lusófona e materias específicos de educación ambiental. A mais, existirá un espazo reservado para que todas aquelas persoas inscritas no congreso que teñan interese en divulgar algunha publicación ou material de todo tipo (libros, artigos, folletos, cd´s, etc.) podan facelo tamén durante este Café. Para elo, sería bo que aquelas persoas que teñan interese en compartillar e divulgar materias nese Café, envien unha mensaxe a cultural@ealusofono.org co nome do autor/a, título e tipo de publicación co ben de reservar un espazo físico na sede do congreso para a consulta dos distintos materiais. Recordade, ademais, que a organización do congreso non se pode facer cargo da custodia dos materias, polo que terán que ser os propios autores os que estean pendentes dos mesmos.




Ademais no Café con letras estará presente unha Ciclobiblioteca Solidaria con Anxo Moure, do proxecto Contosolidarios, na que se mostrarán libros sobre Educación Ambiental en Galicia e Portugal. Tamén se contarán contos, en sesións de 5 minutos, para todos aqueles que desexen escoitalos.





- Os nosos saberes, os nosos sabores. Romaría.



Compartir sabores dos países e saberes dos participantes, coñecéndonos nun ambiente informal e distendido, na Alameda de Compostela. Música, obradoiros de baile tradicional, traxes, xogos de sempre, feira verde e de artesanía...A velada estará amenizada por música tradicional que ven da man do IGAEM e polo Obradoiro de Cultura Tradicional ULTREIA, que engadirán o baile ao percorrido polo folclore galego que se fará durante a xornada; ademais, a AGXPT fará unha mostra do patrimonio lúdico de Galicia e propón os seguintes xogos populares:

Xogos tradicionais de adultos: aro, peón (trompo, pião), birlos ao canteiro, chave, zancos (andas), ra (sapo), estornela (billarda), petanca, porca, roma, tiro de corda, o xogo das olas, tirapedras, tiro á lata, etc.
Xogos tradicionais infantis: corda, carriladas, tres en raia, mariola, chapas, bolas, queda, pano, sacos, cadea, etc.
Xogos de animación: pescar a botella, arrastrar a tartaruga, o ovo...







  • Feira de Artesanía e Feira Verde.
Oportunidade para ONGs dos eidos ambientais e da cooperación, ou para artesáns e produtores ecolóxicos de amosar os seus produtos aos participantes do Congreso e a todo Santiago. Asemade, os asistentes ao Congreso aportarán obxectos que falen da súa tradición e cultura popular.

- Coñecendo Galicia. Visitas guiadas por Santiago de Compostela.

Terán lugar o martes 25 de setembro, as 22:00 h.


- Animación de rúa.
Grupo brasileiro Toró



Tanto na sede do Congreso como nas rúas e prazas de Santiago de Compostela haberá música, pasarrúas... Cor, ledicia e sorpresa para un evento que, pola súa transcendencia e magnitude, así o require.








Os sons chegados desde Brasil da mán de Toró, será algúns dos espectáculos encargados de facer pasar un bo rato a todo aquel que se achegue ata a cidade compostelana.





- Feira de troco.
Xoves (quinta-feira) día 27 de setembro, ás 21:30 h na Facultade de Filoloxía (Sede do Congreso)


Unha vez realizado o Acto de Clausura do Congreso, e nas instalacións da propia Facultade de Filoloxía, propoñemos una Feira de Troco na que os participantes, de maneira informal, poidan intercambiar obxectos que falen da súa cultura, do seu país. Voltarán con outros a través dun permanente e incensante troco. Pedazos das outras culturas, dos outros países. Dende a organización da programación cultural, animamos ao persoal inscrito a que coloque dentro da sua bagagem obxectos para esta feira.


- Visitas guiadas o día 28 de setembro:

Son gratuítas e únicamente poden ir as persoas inscritas ao Congreso.
Os lugares que se visitarán son:







  • Rías Altas.Visitarase o Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA; a Aula do Mar, equipamento de educación ambiental xestionado polo CEIDA; e a cidade da Coruña.



  • Camiño de Santiago. Trátase do primeiro itinerario cultural europeo. A historia do Camiño de Santiago remóntase aos albores do século IX, cando se descubriu o sepulcro de Santiago o Maior. A Santiago de Compostela chegan peregrinos movidos por distintas motivacións: relixiosas, culturais, etc; a maioría a través do Camiño Francés, aínda que hai outras rutas.





Nenhum comentário: