quarta-feira, agosto 01, 2007

Carlos Vales Vázquez

Carlos Vales é o presidente deste Congreso. Xunto con Alfredo Simão será dinamizador da área de traballo Educación Ambiental e Biodiversidade, na que a conferenciante será Helena Freitas. Participará na mesa redonda "Desafíos Educativos da Conservación da Biodiversidade".

É Director do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), o principal organizador do Congreso. Forma parte da Comisión de Educación e Comunicación da UICN (Unión Mundial para a Conservación da Natureza) e da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Traballou como mestre no IES de Sada e foi concelleiro de Medio Ambiente no Concello de Oleiros. Ademais, foi Presidente da Comisión de Medio Ambiente e Residuos da Mancomunidade da Coruña e Secretario Xeral de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza).

É biólogo e Catedrático de Ciencias Naturais, experto en bioloxía de conservación, en particular dos sistemas forestais e dos bosques autóctonos galegos. É autor de varios artigos e libros publicados sobre problemas ambientais de Galicia.

Fonte:
RODRÍGUEZ, Belén. "Carlos Vales: Director do CEIDA". Cerna, primavera 2007, núm. 51, p. 40-41.

Nenhum comentário: