sexta-feira, agosto 03, 2007

Brígida Rocha Brito

Brígida Brito colabora no Congreso como dinamizadora, xunto a José Alho, da área de traballo Educación Ambiental e Turismo, coa intervención do conferenciante Rubén Camilo Lois.

Licenciada en Socioloxía e Mestrada e Doutorada en Estudos Africanos, actualmente traballa no Centro de Estudos Africanos (CEA/ISCTE). Desenvolve a súa labor como investigadora e exerce como mestra na Licenciatura de Relações Internacionais da Universidade Autónoma de Lisboa (Ambiente e Relações nternacionais; Cooperação Internacional). É socia fundadora de Nerea investiga, Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental.

As súas liñas de investigación son as seguintes: desenvolvemento comunitario e estratexias participativas; turismo comunitario e ambiental; educación ambiental e conservación.

Máis información:
http://www.nerea-investiga.org/pt/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=pt&item=53

Nenhum comentário: