sexta-feira, agosto 31, 2007

Saquina Filimone Mucavele



Frequentou o curso de Sociologia com a UNISA. Fez vários cursos técnicos e alguns linguísticos (Inglês e Francês), no Instituto de Línguas em Maputo-Moçambique. Esteve na França, integrando o grupo de melhores estudantes finalistas moçambicanos do curso de francês em 2000.

Trabalhou em vários locais;

  • Embaixada Moçambicana em Harare entre 1989 a 9991.
  • Trabalhou na primeira Clínica Privada em Moçambique Clínica Cruz Azul, como Directora Administrativa de 1992 a 1997.
  • Trabalhou em dois projectos Britânicos (POWER Mozambique e Mott Hay and Anderson), ambos como Assistente Administrativa. 1997 a 2003.
  • Trabalhou na Electricidade de Moçambique de 1981 até princípios de 1989, como Assistente de Relações Públicas tendo antes feito um curso de técnicos administrativos e posteriormente o curso de Secretária Executiva em Harare, na mesma década.

Desde então, teve muitas formações (exp.Lobby e Advocacia, Género, Educadores Ambientais, Lei da Família, Lei das Sucessões, Violência, Eleições e Democracia, Soberania Alimentar, Monitoria e Avaliação da implementação do Plano do Governo, Acordos de Parceria Económica etc) Desenvolveu diversa parceria tanto na área ambiental como do gênero e tem participado activamente em grupos de trabalho.


Diosmar Filho


Participa no Congreso na Roda da Xuventude Lusófono e Galega, xunto con Ruben Cela e Fabio Deboni, e no Encontro de Puntos Focais Luso Galaicos en Educación Ambiental.

É graduado en Xeografía pola Universidade Católica de Salvador-Bahía. Ten a capacitación en "Desenvolvemento Territorial" pola Secretaría de Educación a Distancia - Universidade Federal de Santa Catarina / Ministerio de Integración Nacional, e "Saúdo da poboación negra" - Universidade Federal de Bahía, Facultade de Nutrición/Secretaría Municipal de Saúde - Salvador de Bahía.
Nos últimos 11 anos ten colaborado no Movemento Popular organizado nas periferias de Salvador e no interior de Bahía na elaboración, captación de recursos e xestión de programas e proxectos socioambientais. É responsable do desenvolvemento e implementación de proxectos socioambientais e culturais do grupo cultural Gagumçaço e do Grupo de Açao, Mobilizaçao e Desenvolvimento - ABAKÊ. Educador na elaboración da Axenda 21 de Passagem dos Teixeiras - Candeias- Proxeto de Olho no ambiente PETROBRÁS. 2005 - Delegado Rexional - I Conferencia Estadual do Meio Ambiente - SEMARH, UPB, Ministerio de Meio Ambiente, IBAMA e ANAMMA - Salvador- BA; 2005 - Delegado Estadual - II Conferencia Estadual de Meio Ambiente, Ministerio de Meio Ambiente, IBAMA e ANAMMA - Brasilia- DF; Membro do equipo de organización e movilización do "Encontros das Águas " SRH/SEMARH.

quarta-feira, agosto 29, 2007

Anxo Moure

Vai a colaborar no congreso coa instalación dunha Ciclobiblioteca Solidaria, durante o Café con Letras do día 27, na que se mostrarán publicacións sobre Educación Ambiental e Solidariedade en Galicia e Portugal.

Este home, que vive preto da Serra do Faro, é ante todo un andador en bicicleta (de Garabelos a Amazonia, de Fisterra a Lisboa) e un abrazador de árbores. Nos seus méritos, ou máis ben deméritos, están o de amolar á xente que está no poder, encadeándose ó Parlamento Galego, encerrándose con lixo no Concello ou vestíndose de trasno detrás dos concelleiros para protestar polos incendios, polos verquedoiros incontrolados ou polo maltrato ós refuxiados.

Xunto co seu amigo ciclista Manolo Díaz fundaron Xevale Ecoloxía cos seus bici-vixías e cazadores do lixo. Agora envia bicis a mestres e médicos do terceiro mundo a través da ONG Bicis Pola Paz, artella contos sobre o coidado do medio ambiente da man do colectivo Papaventos (premio de educaciòn ambiental en Galicia 1990 e premio Agronatura a mellora da calidade de vida 1991).

Baixo o nome de Carballo con Botas ou Tío Teixo viaxa polas escolas dende Portugal a Asturias, do Bierzo ate o Caurel. Antes trasformábase no trasno do deserto Juja e agora convértese en paiaso refuxiado de nome “Tarbús” (sombreiro), para lembrarlle ós nenos a través da mímica a terrible situación de millóns de refuxiados, cambia estos contos por lápices para as escolas saharauis, que envia a asociaciòn Achass os refuxiados de Tinduf.

Máis información:
http://www.ciclobiblioteca.blogspot.com/

terça-feira, agosto 28, 2007

María Muiños Pardavila


Participa no Congreso como dinamizadora da área de traballo "Educación Ambiental nas Axendas 21" xunto con Joaquím Ramos Pintos, e Teresa Franquesa como palestrante.

É Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa en Cidadanía, empresa cooperativa formada por un equipo multidisciplinar de profesionais que traballan no ámbito das ciencias sociais. Traballa como técnica ambiental, coordinando proxectos de investigación, participación e planificación relacionados co medio ambiente, orientados á conservación e o desenvolvemento sostible. Neste ano 2007 coordinou o "Plan de dinaminación e participación social da Axenda 21 local" na cidade de Lugo. Ten publicado algunhas unidades didácticas de Educación e Divulgación Ambiental para o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

segunda-feira, agosto 27, 2007

Congresso será transmitido Ao Vivo pela Internet


Retransmisión do Congreso en vivo aquí
O EA.NET – Canal de Educação Ambiental na Internet – é uma ferramenta de Educação Ambiental (EA) que visa provocar reflexão e mobilização, ao garantir o acesso do público a informações em formato audiovisual e qualificar a pauta ambiental das mídias oficiais e comunitárias, numa perspectiva de democratização da informação. O EA.NET é uma realização da Rede Brasileira de Educação Ambiental (Rebea) que conta com a parceria do Órgão Gestor da Política Nacional de Educação Ambiental (Diretoria de EA do Ministério do Meio Ambiente e Coordenação geral de EA do Ministério da Educação).


O Canal fará a Transmissão ao vivo pela internet de 18 horas da programação do evento, assim distribuídas:
24 de setembro - segunda-feira

16h às 18h – Solenidade de Abertura e Diálogo “Políticas de Meio Ambiente”
20h às 21h - Apresentação do Projeto “Educação Ambiental na CPLP no Marco da Década da Educação para o Desenvolvimento Sustentável”
25 de setembro - terça-feira

9h30 às 11h30 – Diálogo “O mundo lusófono na globalização”
12h às 14h - Mesa Redonda “Comunicação e Educação sobre Mudanças Climáticas”
16h às 18h - Estado da Educação Ambiental em Brasil, Angola e Timor-Leste
26 de setembro – quarta-feira

9h30 às 11h30 - Diálogo “Meio ambiente, globalização e alterglobalização”
12h às 14h - Mesa Redonda “Desafios educativos da Conservação da Biodiversidade”
16h às 18h - Estado da Educação Ambiental em Galiza, Cabo Verde e Moçambique
27 de setembro – quinta-feira
9h30 às 11h30 - Diálogo “As identidades da Educação Ambiental”
12h30 às 14h - Estado da Educação Ambiental em Portugal, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe
16h às 18h - Diálogo “Sustentabilidade e Cooperação”

Haverá também a produção e apresentação de quatro programas com uma hora de duração cada, transmitido diariamente ao vivo. O programa, em forma de debate, com palestrantes, participantes do evento e internautas, abordará assuntos tratados durante o Congresso Lusófono.
Além disso, o canal entrevistará novepersonalidades da Educação Ambiental nos países lusófonos e Galícia. O foco das entrevistas será a trajetória de vida do entrevistado, visando documentar a história da educação ambiental de Angola, Brasil, Portugal, Cabo Verde, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe, Moçambique, Timor Leste e da Galícia.

sexta-feira, agosto 24, 2007

Dora Blanco

Vai participar na área de traballo Educación Ambiental e Universidade contribuindo coa súa experiencia adquirida durante estes anos. Aportará unha visión de cómo se xestiona o proxecto Plan de Desenvolvemento Sostible na Universidade de Santiago de Compostela e cales son os puntos fuertes e débiles no seu desenvolvemento.

É profesora da Área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da Universidade de Santiago de Compostela. E dende xaneiro de 2004 cordinadora da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, que desenvolve o Plan de Desenvolvemento Sostible. O Plan de Desenvolvemento Sostible e un ambicioso proxecto que pretende que toda a actividade que se desenvolva na USC o faga baixo criterios de sostibilidade e, en particular, de respecto polo Medio Ambiente. O papel da Oficina de Desenvolvemento Sostible é de catalizador e dinamizador de actividades. Estas van dende a organización de cursos, exposicións e outras actividades de sensibilzación ata o fomento de participación ambiental entre os estudantes, persoal de administración e servicios e os profesores. Tamen actividades de Xestión ambiental da propia universidade: Xestión de residuos, reducción da contaminación lumínica ou acústica, promoción de xardiñería basada en flora autóctona,… Todas as actividades en curso poden consultarse en www.usc.es/plands

Un dos proxectos de educación ambiental máis ambiciosos que desenvolve a Oficina é a convocatoria cada curso académico de Bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria, que se promoven en colaboración coa Oficina de Participacion Social da Universidade. A USC forma parte a través da súa Oficina de Desenvolvemento Sostible de unha rede de traballo xunto con outras universidades españolas: a grupo de traballo de Calidade Ambiental e Desenvolvemento Sostible da CRUE. Este é un foro de intercambio de experiencias con outras universidades españolas e de prantexamento de proxectos en común.

A continuación algunhas imaxes que se están a levar a cabo desde a Oficina de Desenvolvemento Sostible:


quinta-feira, agosto 23, 2007

Marilia Andrade Torales


Forma parte do Comité Organizador do Congreso. Xunto con Joaquim Ramos Pinto son os coordinadores do grupo de Puntos Focais e organizadores do primeiro "Encontro dos Puntos Focais Luso-Galaicos en Educación Ambiental". Dinamizará, con Francisco Candia, a área de traballo Educación Ambiental no Sistema Educativo no cál Ana Benavente é a conferenciante convidada.

É Mestre e Doutora en Ciencias da Educación (Mestrado en Educación Ambiental (FURG-Brasil) e Doutorado Interuniversitario en Educación Ambiental (USC-Espanha)). Actualmente é Vice-Presidente da Dirección da Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental / Nerea-Investiga e membro investigadora do Grupo SEPA-Interea (Educación Ambiental e Pedagoxía Social) da Universidade de Santiago de Compostela no cál desenvolve súas actividades pos-doutorais Actúa como docente e investigadora do Instituto de Ciencias Humanas, Letras e Artes do Centro Universitario Feevale (Brasil) e desde 2004, integra a Comisión Científica da Revista "Água e Cultura".


quarta-feira, agosto 22, 2007

Katia Barreiro Silva

Fotógrafa que vai a colaborar no Congreso aportando algunhas obras súas para Exposición Fotográfica "Ollando a lusofonía" que se vai a expoñer para neste evento internacional.
A continuación móstranse algunhas das fotografías que foron seleccionadas:

Fotografía titulada "Ossu-Viqueque" e tomada en Timor Leste

Fotografía titulada "Baucau" tomada en Timor Leste

Jorge Rosmaninho


Participa na Exposición Fotográfica "Ollando a lusofonía" que se vai a mostrar con motivo do Congreso.
Naceu en 1979 en Cantanhede, centro de Portugal. Actualmente reside en Guinea-Bissau onde traballa como xornalista free-lancer para distintos organismos de comunicación social portugueses.

Máis información no seu blog:
www.africanidades.blogspot.com

Fotografía tomada por Jorge Rosmaninho en Guinea Bissau e seleccionada para formar parte da exposición fotográfica no Congreso.

terça-feira, agosto 21, 2007

Mário Jaleco

Vai a colaborar no Congreso aportando diferentes fotografías que formarán parte da Exposición Fotográfica "Ollando a lusofonía" que se expoñerá con motivo do Congreso. Mário mostrará a realidade desde a súa ollada de fotógrafo-voluntario.
Estudou en Lisboa, onde se licenciou na Rama de Formación Profesional en Filosofía (95/96). Entre medias fixo un curso de Fotoxornalismo e deu clases de Introdución á Filosofía por un periodo de dous anos. Empezou a traballar como voluntario en cooperación en 2001/02. Primeiro traballou en dous proxectos en Guinea sobre a Promoción femenina e a Educación Básica no interior do país. Posteriormente realizou outras labouras de voluntariado en Angola, Guatemala e novamente en Angola. Dentro do ámbito da Cooperación para o Desenvolvemento traballou como profesor en Santo Tomé e Príncipe. Tamén traballou en Mozambique como Observador Eleitoral no ano 2004, onde tomou algunhas imaxes como a que aparece máis abaixo.

Esta fotografia, tomada por Mário Jaleco en Angola, é titulada "O abraço" e foi gañadora do 1ª Premio do concurso Olháki


Fotografía tomada por Mario Jaleco en Mozambique e titulada "Cruzamento de Olhares"

Ambas imaxes forman parte da Exposición Fotográfica Colectiva que se exporá para o Congreso.

Rachel Trajber

Vai a participar dentro do Congreso na mesa redonda "Comunicación e educación sobre Cambio Climático".
Doutora en Antropoloxía pola Universidade de Purdue, Estados Unidos. Na actualidade é Coordenadora Xeral de Educación Ambiental do Ministerio de Educación de Brasil. En 2003, coordinou a Conferencia Nacional de Medio Ambiente en dos versións: adultos e infantil-xuvenil, no Ministerio de Medio Ambiente. Dirixín unha empresa de consultoría "Imagens Educação" e fun unha das fundadoras e membro do Consello do Instituto Ecoar para a Cidadanía. Traballei en programas de Responsabilidade Social Empresarial cos proxectos "Estadão na Escola" e "Consulado da Mulher/Multibrás". Ensinou "A mídia como fonte de pesquisa na educação", no curso de Xornalismo, Educação e Ciência, da COGEAE/PUC-SP.

Entrevista a Rachel Trajber en EA.NET:
http://www.canal-ea.net/video_exibir.asp?CODIGO=43

sexta-feira, agosto 17, 2007

Xulio Villarino

Peliqueiros da reportaxe El Entroido más Ancestral de GaliciaVai a participar coas súas fotografías na Exposición Fotográfica "Ollando a lusofonía".
Fotógrafo autodidacta nado en Fazouro, Foz (Galicia). Iniciou a súa carreira como fotoperiodista en La Voz de Galicia, un dos diarios galegos de maior tirada. No 2001 decide adicarse ao fotoperiodismo de forma independente e na actualidade as súas reportaxes son distribuidas pola Axencia Cover de Madrid, sendo á vez colaborador de publicacións como El País Semanal ou Geo.
Obtivo distintos premios, sendo o máis recente o de finalista en Revela 2006.

Máis información en:
http://www.xuliovillarino.com/

Xacobe Meléndrez

Participa no Congreso aportando algunhas das súas obras fotográficas para a exposición de fotografía "Ollando a lusofonía".
Aínda que naceu en Honduras, trasladouse a Galicia a idade temprana de dous anos. Recibiu a súa primeira cámara fotográfica aos 11 anos, e dende aquela a fotografía pasou a ser un dos aspectos máis importantes da súa vida, asistindo a talleres con recoñecidos fotógrafos como Joan Foncuberta ou Ed Kashi.
Na súa obra atópase claramente representado o medio ambiente e o enfrentamento do home co seu entorno; a través dos elementos naturais e artificiais plasma o autorretrato persoal e social.
É autor dunha produción fotográfica inxente, realizando tanto exposicións propias como participando en exposicións colectivas. Recibiu varios premios tanto a nivel galego como estatal.

As fotografías de Xacobe seleccionadas para a Exposición colectiva "Ollando a lusofonía" corresponden á serie Senevio Primeiro, á cal o autor lle adica as seguintes palabras:

"O desguace deste pesqueiro de arrastre do Gran Sol ,con base no porto de Celeiro (Viveiro-Lugo), tivo lugar no ano 2006 no porto da Coruña.
Máis aló da historia do propio barco, pon-se de manifesto a crise do sector pesqueiro en Galicia, que ben por sobrepesca, ben por intereses Comunitarios, ve-se abocada ao desmantelamento da propia flota.
Mentres, os profesionais do sector –armadores, patróns , mariñeiros...- pioneiros nos caladoiros de todo o mundo, recolocan-se noutros barcos, baixo outras bandeiras comunitarias que os enrolan xunto con portugueses, peruáns, cavoberdiáns... só o capitán, por esixencias do “guión”, ten a nacionalidade do barco.
O desguace é unha tarefa delicada e ruda a un tempo, pois o aceiro e outros materiais reutilizábeis destes relativamente novos barcos, van acompañados de sustancias perigosas, inflamábeis, combustíbeis, tóxicas... que é preciso manipular baixo control, seguindo a lexislación actual, que defende o medioambiente e a seguridade dos traballadores. Seguindo estos protocolos encaréce-se o proceso, polo que moitos optan por realizar estas operacións en paises menos estrictos: nas praias da India, China, Turquía ou Bangladesh -onde foron fotografiadas por Edwar Burtynsky no ano 2000, nunha serie memorable “Shipbreaking”-.

Segundo datos de Greenpeace, máis de 100.000 persoas traballan no desguace de barcos nas praias dos paises asiáticos sen ningunha garantia de saude para os traballadores e o medioambiente".

Xacobe Meléndrez Fassbender (agosto 2007)


A súa páxina web é:
http://www.xk3foto.com/

Helena Freitas

Participa no Congreso como palestrante na área de traballo "Educación ambiental e Biodiversidade"
É graduada en Bioloxía pola Universidade de Coimbra (Portugal) en 1985. É catedrática no Departamento de Botánica desa Universidade, onde fixo o doutoramento en Ecoloxía das Plantas. Entre 1994-95 sacou un postdoutoramento en Ecoloxía, estudando os ecosistemas mediterráneos, na Universidade de Stanford en Estados Unidos. Tamén é directora do Xardín Botánico da Universidade de Coimbra, presidenta da Sociedade Ecolóxica Portuguesa e forma parte da xunta directiva da Federación Europea de Ecoloxía.

Máis información:
http://www.uc.pt/ecology/assets/pages/pessoais/helenafreitas.htm

Fabio Deboni


É dinamizador da área de traballo "Redes e asociacións de Educación Ambiental" en colaboración con Miguel Pardellas (Galicia) e Patricia Mousinho (Brasil). É coordinador do Encontro da Xuventude Lusófona e Galega polo Medio Ambiente, en colaboración con Diosmar Filho (Brasil).
É enxeñeiro agrónomo e mestre en Educación Ambiental. Traballa neste campo desde fai 9 anos e actualmente é consultor na Coordinación Xeral de Educación Ambiental do Ministerio de Educación de Brasil. Ten traballado nas áreas de Xuventude e Medio Ambiente, e de Centros de Educación Ambiental e participa en diversas redes de Educación Ambiental no país.

Máis información:
http://fabiodeboni.blogs.sapo.pt/

quinta-feira, agosto 16, 2007

Antonio Luis Campos

Vai a expoñer algunhas das súas obras fotográficas na exposición "Ollando a lusofonía" que se mostrará con motivo do Congreso.
Campos aporta fotografías sobre a pesca tradicional na costa norte de Portugal, concretamente sobre arte xávega, un xeito de pescar que está a desaparecer. Ao longo dun ano, o fotógrafo viviu cunha "compaña" (grupo de pescadores que traballan cun mesmo barco) o día a día desta característica forma de pesca, feita artesanalmente, con pequenos barcos. De Esmoriz a Vieira de Leiria, algunhas ducias de embarcacións teiman aínda en persistir nesta faena, dura e cada vez máis entregrada a homes a que a idade xa deixa marcas nos rostros. Debida á escasa presencia de xuventude, o futuro da actividade é cada día máis incerto.

Accesa á web de Antonio Campos:
http://www.antonioluiscampos.com/

Vitor Nogueira

Fotografía de Vitor NogueiraParticipa coas súas fotografías na exposición "Ollando a lusofonía" que se mostrará con motivo do Congreso.

A súa mostra fotográfica "Indios do Mato Grosso" é un rexistro do cotián e de representacións culturais de seis aldeas indíxenas realizado entre os anos 1993 e 1998. Estas imaxes representan pobos como os Rikbatsa, cos seus aderezos para o nariz e as orellas; ou os Xavantes, coa súa cerimonia de iniciación dos mozos guerreiros, nun ritual dun ciclo completo da lúa, e coa participación de toda a aldea. Son fotos dos Nambikwara, do Parque Indíxena do Xingu, dos Bakairi e o seu Yakuigade, espíritos de peixes e paxaros, commemorando a colleita do millo. Aínda presionados, atopándose nunha ameaza constante as riquezas dos seus territorios e das súas culturas, este indios tentaban resistir mantendo as súas tradicións, manifestacións, resistindo ao asedio do "home branco".
Estas fotografías tentan amosar eses momentos particulares de demostración da enorme variedade cultural do indio brasileiro.

Sebastião Salgado

Fotografía de Sebastião SalgadoAs fotografías que presenta Salgado pertencen á exposición "Terra", a cal consta de corenta e cinco imaxes en branco e negro sobre a realidade brasileira. Sebastião Salgado é un fotógrafo brasileño que forma parte da corrente "Fotografía comprometida" e isto aparece reflectido nesta reportaxe na que se amosan aqueles que reclaman a súa terra no seu país natal. Aporta retratos da vida cotiá da poboación brasileira máis humilde, os nenos e nas das favelas e a poboación indíxena, entre outros. Inclúe textos de José Saramago e un poema de Chico Buarque.

"Os indíxenas non son nada pero o son todo. Sobreviven, alimentan ó mundo a través da súa propia dignidade” (Saramago, 1922)

Web oficial de Salgado:
http://www.patriagrande.net/brasil/sebastiao.salgado/

Programación cultural

O I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia estará acompañado dunha programación cultural que intentará ser unha mostra das culturas dos distintos países que participarán no evento. Desenvolverase un abano de posibilidades para que os asistentes ao Congreso e o público en xeral poida empaparse da etnografía de países como Brasil, Mozambique ou Angola, entre outros. Estas son as propostas:

- Exposicións fotográficas.





  • Ollando a lusofonía: Exposición colectiva.
Artistas dos diferentes países tráennos pequenos pedazos da súa paisaxe, das súas xentes. Contrastes e unión compartindo espazos e achegando dende as semanas previas os países lusófonos a composteláns e visitantes.
Os artistas que participan nesta iniciativa son:
- Sebastião Salgado.
- Vitor Nogueira.
- Antonio Campos.
- Xacobe Meléndrez.
- Xulio Villarino.

- Mário Jaleco.
- Jorge Rosmaninho.
- Ricardo Franca.
- Katia Silva.








  • Ollando a lusofonía: Unha reflexión. Présa.
Exposición de Xacobe Meléndrez.

Acceso ás imaxes da exposición en:
http://www.xk3foto.com/webart3/index.htm

-Música.





  • Uxía Senlle.
Esta galega, adicada dende fai máis de 20 anos á música, é unha das voces máis recoñecidas valoradas do panorama musical galego da actualidade. O seu primeiro álbum, Foliada de marzo (1986), atopábase moi influenciado polo espertar da poesía galega na mImaxe de Uxía Senlleúsica
popular. Aínda e que posteriormente pasará a fomar parte do grupo Na Lúa, deixarao no ano 1991 para retomar a súa carreira como solista. A súa traxectoria non supón cambio, senón unha evolución marcada polas colaboracións con outros artistas, moitos deles procedentes doutros países.
O seu espectáculo "Cantos na Maré", deseñado por ela mesma e cuia segunda edición celebrouse en agosto de 2004 en Pontevedra, foi concebido como punto de encontro de artistas de culturas de fala portuguesa: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, etc.
Se queres coñecer un pouco máis a Uxía, visita a seguinte web:

http://www.nordesia.com/info-2005/050401uxia.html







  • Narf trío.
Fran Pérez coa guitarra acústica, Marcos Teira coa guitarra flamenca e Pepe Sendón, ben coa percusión do caixón, ben co timbre envolvente do vibrófono, forman este trío que aposta pola exploración de cancións cunha instrumentación reducida. Narf ofrece un concerto aImaxe de Narf tríocústico no que a orixinalidade e a sinxeleza son as mellores compañeiras da voz dun solista que reparte a súa actividade artística entre o teatro e o rock.
Se queres escoitar o single "Quiero ser tambor" de Narf, podes acceder dende aquí.
Máis información do trío en:
http://www.psicofonica.com/narf.html
www.myspace.com/uknarf






  • Corda de Barro.Imaxe de Corda de Barro
Grupo formado por músicos e educadores ambientais que traballan neste proxecto conxunto dende o 2001. Busca a sensibilización ambiental a través da música, contos, poemas, historias faladas e exercicios de composicións musicais colectivas.
Visita a súa web:
http://www.cordadebarro.com/site/

- Historias da lusofonía. Cinema e audiovisuais.






  • Cinema documental lusófono.
O domingo previo ao Congreso proxectaranse documentais dos países lusófonos, para descubrir e compartir as diferentes realidades e problemáticas sociais e ambientais. Terán lugar na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela).
Documentais cedidos por:

A entrada é gratuíta ata completar o aforo.
Os documentais que sen va a proxectar son:



18:00 h. BATUQUE – A ALMA DUN POBO
Dirección: Júlio Silvao Tavares
Duración: 52’
País: Cabo Verde
Ano: 2005
Sinopse: O Batuque é a mais antiga manifestación cultural de Cabo Verde. Reprimido e proibido durante a colonización, por ser considerado ofensivo da boa moral, o batuque ofrécenos un prisma único por onde se filtra a propia Historia de Cabo Verde.




19:00 h. MIONGA KI ÔBO – MAR E SELVA
Dirección: Ângelo Torres
Duración: 52’
País: Sao Tomé e Príncipe
Ano: 2005

Sinopse: A actividade de pesca no seo dos angolares adquire contornos diferentes ao resto da poboación de Sao Tomé e Príncipe. A pesca para un angolar é mais do que unha simple actividade laboral relativa a sua sobrevivencia. A actividade en si representa unha forma de afirmación e recoñecemento no seo da comunidade.




20:00 h. BISSAU D’ISABEL
Dirección: Sana Na N’hada
Duración: 52’
País: Guiné Bissau
Ano: 2005

Sinopse: Bissau é a cidade capital da Guiné onde se aglutina e funde o mosaico étnico-cultural do país. Cerca de 21 etnias con culturas e linguas por veces totalmente distintas. Isabel é o pretexto para descubrir esta cidade en ebulición.







  • Audiovisuais.



As instalacións da Facultade, máis tamén as fachadas e paredes baleiras de Santiago, falarán, cantarán, recitarán dende estas creacións audiovisuais as diferentes culturas. Audiovisuais temáticos sobre o mar, a paisaxe, gastronomía, tradición oral, costumes, etc., en permanente exposición sorprendendo e aledando as rúas da cidade.




- Café con letras:




Xoves (quinta-feira) día 27 de setembro, ás 11:30 h na Facultade de Filoloxía (Sede do Congreso)




No tempo do Café, haberá varios postos (stands) de librerías galegas e portuguesas con materias da literatura lusófona e materias específicos de educación ambiental. A mais, existirá un espazo reservado para que todas aquelas persoas inscritas no congreso que teñan interese en divulgar algunha publicación ou material de todo tipo (libros, artigos, folletos, cd´s, etc.) podan facelo tamén durante este Café. Para elo, sería bo que aquelas persoas que teñan interese en compartillar e divulgar materias nese Café, envien unha mensaxe a cultural@ealusofono.org co nome do autor/a, título e tipo de publicación co ben de reservar un espazo físico na sede do congreso para a consulta dos distintos materiais. Recordade, ademais, que a organización do congreso non se pode facer cargo da custodia dos materias, polo que terán que ser os propios autores os que estean pendentes dos mesmos.




Ademais no Café con letras estará presente unha Ciclobiblioteca Solidaria con Anxo Moure, do proxecto Contosolidarios, na que se mostrarán libros sobre Educación Ambiental en Galicia e Portugal. Tamén se contarán contos, en sesións de 5 minutos, para todos aqueles que desexen escoitalos.





- Os nosos saberes, os nosos sabores. Romaría.



Compartir sabores dos países e saberes dos participantes, coñecéndonos nun ambiente informal e distendido, na Alameda de Compostela. Música, obradoiros de baile tradicional, traxes, xogos de sempre, feira verde e de artesanía...A velada estará amenizada por música tradicional que ven da man do IGAEM e polo Obradoiro de Cultura Tradicional ULTREIA, que engadirán o baile ao percorrido polo folclore galego que se fará durante a xornada; ademais, a AGXPT fará unha mostra do patrimonio lúdico de Galicia e propón os seguintes xogos populares:

Xogos tradicionais de adultos: aro, peón (trompo, pião), birlos ao canteiro, chave, zancos (andas), ra (sapo), estornela (billarda), petanca, porca, roma, tiro de corda, o xogo das olas, tirapedras, tiro á lata, etc.
Xogos tradicionais infantis: corda, carriladas, tres en raia, mariola, chapas, bolas, queda, pano, sacos, cadea, etc.
Xogos de animación: pescar a botella, arrastrar a tartaruga, o ovo...







  • Feira de Artesanía e Feira Verde.
Oportunidade para ONGs dos eidos ambientais e da cooperación, ou para artesáns e produtores ecolóxicos de amosar os seus produtos aos participantes do Congreso e a todo Santiago. Asemade, os asistentes ao Congreso aportarán obxectos que falen da súa tradición e cultura popular.

- Coñecendo Galicia. Visitas guiadas por Santiago de Compostela.

Terán lugar o martes 25 de setembro, as 22:00 h.


- Animación de rúa.
Grupo brasileiro Toró



Tanto na sede do Congreso como nas rúas e prazas de Santiago de Compostela haberá música, pasarrúas... Cor, ledicia e sorpresa para un evento que, pola súa transcendencia e magnitude, así o require.








Os sons chegados desde Brasil da mán de Toró, será algúns dos espectáculos encargados de facer pasar un bo rato a todo aquel que se achegue ata a cidade compostelana.





- Feira de troco.
Xoves (quinta-feira) día 27 de setembro, ás 21:30 h na Facultade de Filoloxía (Sede do Congreso)


Unha vez realizado o Acto de Clausura do Congreso, e nas instalacións da propia Facultade de Filoloxía, propoñemos una Feira de Troco na que os participantes, de maneira informal, poidan intercambiar obxectos que falen da súa cultura, do seu país. Voltarán con outros a través dun permanente e incensante troco. Pedazos das outras culturas, dos outros países. Dende a organización da programación cultural, animamos ao persoal inscrito a que coloque dentro da sua bagagem obxectos para esta feira.


- Visitas guiadas o día 28 de setembro:

Son gratuítas e únicamente poden ir as persoas inscritas ao Congreso.
Os lugares que se visitarán son:







  • Rías Altas.Visitarase o Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA; a Aula do Mar, equipamento de educación ambiental xestionado polo CEIDA; e a cidade da Coruña.



  • Camiño de Santiago. Trátase do primeiro itinerario cultural europeo. A historia do Camiño de Santiago remóntase aos albores do século IX, cando se descubriu o sepulcro de Santiago o Maior. A Santiago de Compostela chegan peregrinos movidos por distintas motivacións: relixiosas, culturais, etc; a maioría a través do Camiño Francés, aínda que hai outras rutas.





terça-feira, agosto 14, 2007

Rubén Camilo Lois González

Participa no Congreso como palestrante na Área de Traballo "Educación Ambiental e Turismo".

Na actualidade ocupa o cargo de Director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. É licenciado e doutor en Xeografía e Historia e profesor titular de Xeografía Urbana e Director do Departamento de Xeografía da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Bacharelato en Vigo, A Coruña e Carballo. Ten traballado en distintos eidos da Xeografía Urbana de Galicia, así como nas relacións entre educación e territorio, o que constituiu o tema da súa tese de doutoramento.

Liñas investigación:

http://www.usc.es/~xeogra/rubeng.htm

Marcos Antonio dos Santos Reigota

Intervirá no Congreso dentro do diálogo "Medio ambiente, globalización e alterglobalización" xunto con Carlos Taibo e João Paraskeva.

Graduado en Bioloxía pola Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras Farias Brito (1981), cursou os créditos de mestrado en Filosofía da Educación na PUC-PS. Realizou o doutorado en Educación na Universidade Católica de Louvain e post-doutoramento na Universidade de Xinebra. É membro honorario da Academia Nacional de Educación Ambiental de México, fundador e coordinador do "Simposio Fundamentos da Educación Ambiental", no Ceisal - Consejo Europeo de Investigaciones Sociales de América Latina (Bruxelas, 2007), Desde 1998 é profesor titular do PPG en Educación da Universidade de Sorocaba (Brasil) e desde 2004 é profesor colaborador do PPG en Xeografía da UFRGS. Ten experiencia na área de Educación, con énfase na Educación Ambiental, participando principalmente nos seguintes temas: Educación ambiental e cotidiana escolar e representacións sociais e estudos culturais.

segunda-feira, agosto 06, 2007

Tomane Camará

Tomane Camará fará a apresentação do estado da Educaçao Ambiental na Guiné Bissau.

Tomane é coordenador de Programas da Acção para o Desenvolvimento-AD, responsável pela planificação, implementação, monitorização e avaliação dos componentes que constituem os quatro Programas Integrados da AD.

A “AD” tem como objectivos gerais os seguintes.
a) encorajar e reforçar as iniciativas que conduzam a um desenvolvimento que associe o autêntico progresso do homem e a justiça, através da:- criação de estruturas que promovam o desenvolvimento das organizações de base e- promoção de sistemas alternativos de financiamento do desenvolvimento das populações

b) contribuir para a participação activa da população rural e urbana na elaboração, execução e avaliação das actividades que promovam o seu progresso económico, social e cultural

c) incentivar a valorização das capacidades das populações urbanas e rurais favorecendo a sua iniciativa e a sua organização em agrupamentos e associações que desenvolvam os seus recursos e defendam os seus interesses.

d) sensibilizar as populações rurais e a opinião pública guineense e internacional para problemas causados pela deterioração do meio ambiente na Guiné-Bissau assim como promover técnicas agro-silvo-pastoris a valorização e conservação dos recursos genéticos locais no quadro da luta pela preservação da natureza e da melhoria das condições de vida das populações.


Para mais informações: http://www.adbissau.org/adbissau/index.htm

Vladimir Russo

Vladimir Russo (Angola) participará da mesa redonda Desafios Educativos da Conservação da Biodiversidade, com Berta Becker,
Carlos Vales, e Xosé Benito Reza.
Membro fundador da Juventude Ecológica Angolana- JEA, da qual foi Presidente entre Julho de 1997 e Dezembro de 2002.
Membro da Associação de Educação Ambiental da África Austral da qual foi Secretário-geral entre Setembro de 2000 a Dezembro de 2002.
Mestre em Educação Ambiental cum laude (com a tese Abordagem de Aprendizagem com base em Recursos para o Desenvolvimento Profissional) na Universidade de Rhodes, África do Sul em 2003.

Luis Moita

Luis Moita estará dialogando con o Xosé Manuel Beiras e Hamilton Pereira sobre o Mundo Lusófono na Globalização.

Doutorado em Ética pela Universidade Lateranense (Itália), em 1967, com a classificação “summa cum laude” (10/10) – grau académico reconhecido pela Universidade Católica Portuguesa.

Actualmente, Vice Reitor da Universidade Autónoma de Lisboa, onde é Professor Catedrático de “Teorias das Relações Internacionais” e Director do Departamento de Relações Internacionais.

Coordenou o Instituto Sócrates para a Formação Contínua na mesma UAL e dirige o Observatório de Relações Exteriores que edita a publicação JANUS – Anuário de Relações Exteriores. É ainda o Coordenador Científico do Instituto de Investigação Pluridisciplinar da UAL.

Durante 15 anos, entre 1974 e 1989, dirigiu o CIDAC, organização não governamental portuguesa de cooperação para o desenvolvimento.

Entre 1989 e 1997 leccionou a Cadeira de “Filosofia e Deontologia do Serviço Social” no Instituto Superior de Serviço Social de Lisboa. Foi Professor Associado Convidado da Faculdade de Economia da Universidade de Coimbra (até Outubro de 1998).

Actualmente, coordena o Mestrado em Estudos da Paz e da Guerra, na Universidade Autónoma de Lisboa; além disso, lecciona a Cadeira de “Globalização e Relações Internacionais de África” no Mestrado de Estudos Africanos do ISCTE.

Desde 1998, é conferencista regular do Curso de Defesa Nacional promovido pelo Instituto de Defesa Nacional.. Desde o ano lectivo de 2004-05 lecciona ainda no Instituto de Altos Estudos da Força Aérea e presentemente no Curso de Estado Maior Conjunto do Instituto de Estudos Superiores Militares.

Em 10 de Junho de 1998 foi condecorado pelo Presidente da República com a Grande Cruz da Ordem da Liberdade.

Michèle Sato

Michèle Sato é Ponto Focal do Congresso, e além de estar dialogando com Carlos Rodrigues Brandão sobre Cooperação e Sustentabilidade, será dinamizadora da Área de Trabalho Educação Ambiental e Universidades.
http://gpeaufmt.blogspot.com.br/


MICHÈLE SATO é licenciada em biologia, mestre em filosofia, doutorado em ciências e pós-doutorado em educação. É professora e pesquisadora das Universidades Federais de Mato Grosso (UFMT - Educação) e São Carlos (UFSCar - Ecologia). Atua no campo da educação ambiental, com diversas experiências nacionais e internacionais.
Currículo Lattes:  http://lattes.cnpq.br/9264997837722900

Tamén é aficionada á fotografía e a poesía. Algunhas das súas obras pódense consultar na dirección:
http://michelesato.deviantart.com/

Obra de Michele Sato titulada "Lua Cheia"
*

sexta-feira, agosto 03, 2007

Brígida Rocha Brito

Brígida Brito colabora no Congreso como dinamizadora, xunto a José Alho, da área de traballo Educación Ambiental e Turismo, coa intervención do conferenciante Rubén Camilo Lois.

Licenciada en Socioloxía e Mestrada e Doutorada en Estudos Africanos, actualmente traballa no Centro de Estudos Africanos (CEA/ISCTE). Desenvolve a súa labor como investigadora e exerce como mestra na Licenciatura de Relações Internacionais da Universidade Autónoma de Lisboa (Ambiente e Relações nternacionais; Cooperação Internacional). É socia fundadora de Nerea investiga, Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental.

As súas liñas de investigación son as seguintes: desenvolvemento comunitario e estratexias participativas; turismo comunitario e ambiental; educación ambiental e conservación.

Máis información:
http://www.nerea-investiga.org/pt/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=pt&item=53

quarta-feira, agosto 01, 2007

María do Carme Adán Villamarín

Carme Adán colabora no Congreso, sendo a conferenciante da área de traballo Educación Ambiental e Ecofeminismo, dinamizada por Saquina Mucavele.

É Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e membro da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega. Traballou como mestra en Vigo e foi coordenadora da Aula Castelao de Filosofía.

Ten varias publicacións de carácter disciplinario e pedagóxico, ademais de artigos traducidos, algúns deles sobre o feminismo e o seu papel na sociedade; participou como ponente en gran cantidade de congresos e xornadas.

Máis información:
http://webs.uvigo.es/pmayobre/06/arch/profesorado/carmen_adan/cv_carmen_adan.pdf

Francisco Xosé Candía Durán

Francisco Candia é colaborador do Congreso e dinamizará, xunto con Marilia Andrade, a área de traballo Educación Ambiental no Sistema Educativo, coa conferenciante Ana Benavente.

É mestre no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación son as seguintes: educación ambiental ante situacións de catástrofe; a educación ambiental no movemento ecoloxista; cambios sociais e respostas educativas no novo milenio; educación social e plans comunitarios; innovación docente no practicum; innovación tecnolóxica en docencia universitaria.

Máis información en:
http://www.usc.es/theo/profesorado/candia.htm

Carlos Vales Vázquez

Carlos Vales é o presidente deste Congreso. Xunto con Alfredo Simão será dinamizador da área de traballo Educación Ambiental e Biodiversidade, na que a conferenciante será Helena Freitas. Participará na mesa redonda "Desafíos Educativos da Conservación da Biodiversidade".

É Director do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), o principal organizador do Congreso. Forma parte da Comisión de Educación e Comunicación da UICN (Unión Mundial para a Conservación da Natureza) e da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Traballou como mestre no IES de Sada e foi concelleiro de Medio Ambiente no Concello de Oleiros. Ademais, foi Presidente da Comisión de Medio Ambiente e Residuos da Mancomunidade da Coruña e Secretario Xeral de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza).

É biólogo e Catedrático de Ciencias Naturais, experto en bioloxía de conservación, en particular dos sistemas forestais e dos bosques autóctonos galegos. É autor de varios artigos e libros publicados sobre problemas ambientais de Galicia.

Fonte:
RODRÍGUEZ, Belén. "Carlos Vales: Director do CEIDA". Cerna, primavera 2007, núm. 51, p. 40-41.