sexta-feira, setembro 07, 2007

Hamilton Pereira


Vai participar no Diálogo "O mundo lusófono na globalización" xunto con Xosé Manuel Beiras e Luís Moita.
(Hamilton é o do centro na fotografía).

Naceu en 1948 en Porto Nacional, actualmente Estado de Tocantins ao sur da Amazonia. Viviu en seminarios católicos e prisións. Nos seminarios cando non tiña uso de razón e nas prisións cando o adquiriu. Loitou contra a dictadura militar implantada no 1964, en una organización proscrita. Despois de tres anos vivindo na clandestinidade caeu nas más do aparato represivo do réxime, cumprindo cinco anos de cárcere, do 1972-1977. Liberado vivo aos 28 anos contribuiu para fundar sindicatos de traballadores rurais en diferentes Estados do país.
En 1983 convertiuse no primeiro Secretario Xeral da Central Única de traballadores - CUT- no estado de Goiás. Actuaou durante varios anos no Consello Indigenista Misionario e na Comisión Pastoral da Terra, organismos da Conferencia Nacional dos Bispos de Brasil - CNBB- que apoia as loitas das comunidades indíxenas e aos traballadores do campo en Brasil. Colaborou desde os primeiros momentos coa constitución do Movemento dos Sin Terra, que durante os anos 80 e 90 se volveu un dos movementos sociais máis importantes dos traballadores no Brasil. Militante desde a súa fundación no 1980 do Partido dos Traballadores. No V encontro Nacional en 1987 foi elexido para formar parte da Comisión Executiva Nacional do PT, responsabilizándose das políticas agrarias do partido. En 1990, ao lado do Dr. José Gómez da Silva, coordenou o grupo que elaborou os documentos que orientaran as políticas do PT, para as áreas de Reforma Agraria, Política Agrícola e seguridade alimentaria.
En 1996, xunto con Luiz Dulci, Zilah Abramo e Ricardo Azevedo, constitué a Fundación Perseu Abramo encamiñada a desenvolver proxectos de de carácter político-cultural, establecer de modo sistemático o diálogo entre o partido a intelectualidade e os movementos sociais do país.
En 1997 foi elexido para dirixir a Secretaría de Cultura, onde permaneceu ata 1999.
Foi coordinador da área de Cultura da campaña de Lula para a presidencia da República en 2002.
En 2003, ao lado de Ricardo Azevedo, Selma Rocha e Flávio Jorge foi conducido para o Diretorio Nacional de PT á presidencia da Fundación Perseu Abramo, en sustituciónd e Luiz Dulci convocado para formar parte do governo de Lula. En 2004 pasou a ocupar o cargo como Presidente da Fundación Perseu Abramo.
A partir de maio de 2007 pasou a integrar os cadros do Ministerio de Medio Ambiente, por invitación de Marina Silva. Exerce a función de Secretario de Articulación Institucional e Cidadania Ambiental.

Poeta. Firma sus poemas con el pseudónimo Pedro Tierra. Siete libros publicados: Poemas do Povo da Noite (Menção Honrosa da Casa das Américas, Havana, Cuba,1978), Água de Rebelião, Missa da Terra sem males (em parceria com D. Pedro Casaldáliga e Martim Coplas), Missa dos Quilombos (em parceria com D. Pedro Casaldáliga e Milton Nascimento, Inventar o fogo, Passarinhar e Dies Irae, traduzido para o italiano e O Porto submerso. Na Alemanha teve publicada a antologia de poemas “Zeit der Widrigkeiten”, Edition DIÁ, 1990.

Um comentário:

Anônimo disse...

o que eu estava procurando, obrigado