segunda-feira, setembro 10, 2007

Rubén Cela


Presenta a Roda da Xuventude Lusófono en Galega, coordinada por Fabio Deboni e Diosmar Filho.

Nacido en Lugo en 1979, Rubén Cela Díaz é licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou no movemento estudantil nacionalista, primeiramente, nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e, posteriormente, nos Comités Abertos de Facultade (CAF), formando parte, en diferentes ocasións, dos órganos da Facultade de Economía en representación do alumnado. No ano 2000, Rubén Cela Díaz foi elixido secretario xeral de Galiza Nova, cargo que ocupou ata o 2004. Tamén é membro fundador, en representación de Galiza Nova, da Free Aliance Europe Youth, organización de ámbito europeo que incorpora organizacións xuvenís de dez estados da Unión Europea.Así mesmo, Rubén Cela Díaz participou activamente en diferentes debates asemblearios do Consello da Xuventude de Galicia (CXG).Desde agosto de 2005 ocupa o cargo de Director Xeral de Xuventude e Solidariedade. Esta Dirección Xeral está integrada na Secretaría Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

Nenhum comentário: