quinta-feira, setembro 13, 2007

Nuria Alonso Leal



Participa como dinamizadora da Área de Traballo "Educación Ambiental e Cooperación" xunto con Maura Machado.

Licenciada en Ciencias Ambientales, realiza o seu último ano de carreira en Liège, Bélxica.
Actualmente é técnica da Dirección Xeral de Cooperación Exterior (www.cooperaciongalega.org) en calidade de bolseira, desenvolvendo diferentes tarefas no eido da cooperación ao desenvolvemento e colaborando na parte ambiental das mesmos.
Estivo como cooperante en Bolivia na Provincia de Velasco no Proxecto de Desenvolvemento Forestal Sostible sustentando a parte ambiental do propio proxecto e coordinando actividades de educación ambiental na zona. Está vinculada a Amigos da Terra (www.amigosdaterra.net), ONGD que traballa no eido da educación ambiental en Galicia e desenvolve proxectos de cooperación internacional no eido ambiental en países de Centroamérica. Traballou en Amigos da Terra como responsable de comunicación, coordinadora da área de residuos e educadora ambiental, igual que colaborou no Centro de Educación Ambiental que esta ONGD xestiona: As Corcerizas.(www.ascorcerizas.com)
Xunto a Amigos de la Tierra (www.tierra.org) coordinou o proxecto de educación ambiental sobre compostaxe doméstico.
Foi Informadora ambiental e xuvenil do Centro IRIS de medioambiente(www.centroiris.org)
Antes estivo un ano en Hungría onde combinou o Servizo de Voluntariado Europeo na ONG Rügyeskék (
http://www.rugyecskek.hu/) realizando labores e deseñando programas de educación ambiental e sociais xunto ao traballo na ONG HuMuSz, onde colaborou na redacción de parte da Estratexia Nacional de Prevención de Residuos para Hungría, no referinte aos capítulos sobre boas prácticas en prevención de residuos na UE a nivel cidadá e na industria.
Así mesmo participou na formación do Movemento en apoio ao Pobo Saharaui dos Países do Leste despois de visitar os campos de poboación refuxiada saharaui de Tindouf, Alxeria.
Participou no Forum Social Europeo de Londres coa organización de obradoiros de educación ambiental e cooperación internacional no eido dos residuos.
Viaxeira empedernida e grande amante da naturaza, dende nena está vinculada a organizacións que traballan pola conservación da mesma.

Nenhum comentário: