É membro do Comité Organizador e do Comité Científico e vai a presentar as mesas nas que se vai a tratar o estado da Educación Ambiental nos países lusófonos.É Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía e Diploma  de Estudos Avanzados en Educación Ambiental pola Universidade Autónoma de  Madrid. Responsable da Unidade de Educación Ambiental do Ministerio de medio  AMbiente en España e membro da Xunta Directiva da Comisión Internacional de  Educación e Cominicación da Unión Mundial para a Conservación (UICN). Coordina  actividades nacionais e internacionais relativas á integración dos instrumentos  sociais no deseño e na aplicación de políticas e xestión ambientais, a través da  creación de redes de traballo. Forma parte das Comisións de expertos sobre  educación, comunicación, sensibilización e participación dos convenios de  Nacións Unidas sobre Cambio Climático, Diversidade Biolóxica e Contaminantes  Orgánicos Persistentes, así como do Convenio Ramsar de Humedais de Importancia  Internacional.
  Fou coordinadora do Libro Blanco da Educación Ambiental en España e dos  Seminarios Técnicos de Educación Ambiental.
  Ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas e en  publicacións de Congresos. Ademáis dos seguintes libros en colaboración con  outros autores:
 - La educación ambiental, conceptos y propuestas (1992)
 - Lineas de investigación en educación ambiental (1997)
 - El espejismo de la educación ambiental (2006)
Nenhum comentário:
Postar um comentário