quarta-feira, setembro 12, 2007

Fernando González Laxe


Participa como moderador no diálogo "Políticas de Medio Ambiente" o día 24 de setembro.

Licenciado en Ciencias Económicas e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Tralo seu paso polo Partido Socialista Galego, en 1977 afiliose ao Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), comezando a súa carreira política un ano despois. No 1986 foi designado senador pola Comunidade Autónoma de Galicia. Tras o triundo socialista no ano 1982, foi nomeado Director Xeral de Ordenación Pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, así como representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre a pesca, e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no Ministerio foi responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea. En 1985 presentouse á Presidencia da Xunta de Galicia polo partido PSdeG-PSOE, logrando formar un goberno tripartito xunto con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego, tras presentar unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor. Ocupa a presidencia da Xunta de Galicia ata o ano 1990.
Na actualidade é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña.
Ten publicadas diferentes obras sobre economía e pesca. E foille concedida a distinción da Orde de Isabel a Católica e a Medalla de Ouro da Cidade da Coruña.

Máis información:
http://www.xunta.es/presidentes

Nenhum comentário: