segunda-feira, setembro 17, 2007

Xosé Benito Reza


Vai participar como moderador na mesa redonda "Desafíos educativos da Conservación da Biodiversidade", na que interveñen Carlos Vales, Vladimir Russo e Bertha Becker.

É enxeñeiro superior de montes pola Universidade Politécnica de Madrid onde cursou estudos entre 1975 e 1980.

Empezou a traballar na Administración Pública en 1981.

Foi nomeado Xefe de Servicio de Medio Ambiente Natural en Ourense, e tambén Xefe de Servizo de Conservación da Biodiversidade e despois de Espazos Naturais Protexidos en Santiago de Compostela ata o ano 1999.

De esos primeiros anos, destacar que foi o promotor e director do Parque natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”, realizando múltiples actividades como a redacción do proxecto “Interparques” co Parque Nacional portugués Peneda-Gérês, o establecemento dun convenio de colaboración entre os espacios protexidos que recibiu o apoio da Federación de Parques Nacionais e Naturais de Europa, a reintrodución da cabra montesa ou a posta en marcha de cooperativas agrarias baixo a tutela do parque natural. Este proxecto obtivo o recoñecemento da Unión Europea ao ser elexido como un dos dez mellores exemplos de aplicación de fondos comunitarios para o medio ambiente e o desenvolvemento sustentable no territorio da Unión.

En Ourense puxo en marcha o Parque natural de Invernadoiro do que foi director, o centro de recuperación de fauna silvestre e a primeira aula da natureza en Galicia, entre outros.

Como analista e deseñador de estratexias ambientais destacar que foi o redactor da Estratexia Galega de Conservación e Uso Sustentable da Biodiversidade, dos Plans de Ordenación e de Manexo de varios espacios protexidos galegos, ou do método de estimación de custes da Rede Natura 2000 española, participando no Comité Nacional de Flora e Fauna en Madrid, na Comisión de Ordenación do Territorio e Medio ambiente da Comunidade de Traballo “Galicia-Norte de Portugal”, e na Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (EUROPARC-Alemania).

É necesario destacar tamén a súa labor como escritor, divulgador, e home comprometido coa cultura galega. Pertence ao grupo Histórico-Arqueolóxico “Larouco” de Lugo, á Asociación “Amigos do Couto Mixto” de Ourense, á Asociación “Álvaro de las Casas” de Rivadavia, e a Fundación “Curros Enríquez” de Celanova. Ademais ten publicado varias obras resaltando unha biografía do poeta Manuel Curros Enríquez e outra de Arturo Noguerol Buján, unha obra sobre o seu pobo natal “Celanova y el viento”, un libro de viaxes sobre o camiño portugués a Santiago e outro sobre Ancares “Vivir en Ancares”, contos como “Antioquia”, ou outras publicacións como coautor caso de “Galicia 2020” ou “A Ribeira Sacra”. Foi columnista de La Voz de Galicia no período 2000-2003 e é colaborador habitual das revistas “A Trabe de Ouro” e “Lethes”.

Desde o 19 de agosto del 2005 ostenta o cargo de Director Xeral de Conservación da Natureza na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Nenhum comentário: