O seu traballo e a súa pasión é formar pedagogos e educadores sociais conscientes da problemática ambiental contemporánea, e do papel que poden xogar as institucións e os profesionais da educación no seu desenvolvemento, así como na busca de alternativas.
Froito da súa labor científica e académica é a realización de investigacións e a publicación de artigos e monografías relacionados con distintos aspectos da Pedagoxía e da Educación Ambiental.
Dende a súa fundación, en 1987, é membro do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información: http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=5
Nenhum comentário:
Postar um comentário