O CEIDA é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, sito no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), principal organizador do Congreso. É froito dun convenio de colaboración entre a                 Consellería de Medio Ambiente e                 Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros e a                 Universidade da Coruña, para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.O seu principal obxectivo é promover a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Os fins que persigue o CEIDA son:
- Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, ...).
 - Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
 - Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara un uso sustentábel.
 - Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e Educación Ambiental.
 - Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.
 
Nenhum comentário:
Postar um comentário