Emilio Fernández é colaborador do Congreso, participando na mesa redonda "Comunicación e Educación Ambiental sobre Cambio Climático" xunto con Francisco Heras, Franciso Díaz-Fierros e Rachel Trajber.
É o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Está doutorado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo, sendo Premio Extraordinario de Doutorado no seu ano académico. Imparte clases como mestre titular de Ecoloxía na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
É membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEIGAC), constituído polo Ministerio de Educación e Ciencia do estado español. Emilio Fernández exerce como representante nacional no Comité Ejecutivo do Scientific Comité for Oceanographic Research (SCOR), dependente do Consello Internacional para a Ciencia (ICSU).
Máis información:
http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49-19184/es/contenidos/informacion/climatechangebilbao/es_confe/emilio_fernandez.html
Nenhum comentário:
Postar um comentário