Mostrando postagens com marcador Galicia. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Galicia. Mostrar todas as postagens

terça-feira, julho 24, 2007

José Antonio Caride Gómez

José Antonio Caride Gómez é colaborador do Congreso, participando no diálogo "As identidades da Educación Ambiental", xunto a Isabel Carvalho.

Mestre, Licenciado e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é Profesor Titular de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Compostela, da que é docente desde decembro de 1979. Os eu quefacer intelectual pronto quedará ligado a tema se iniciativas que percorren moi diversas xeografías e inquedanzas: no coñecemento e busca de alternativas para a educación na Galicia rural, o estudo dos tempos educativo se sociais, o deseño e avaliación de programas socioeducativos, etc. Nos eu conxunto, argumentos que se integran e proxectan en publicacións, relatorios de Congresos, dirección de Teses de Doutoramento, programas formativos, etc., en diversos países europeo se latinoamericanos.

Fonte: CARIDE GÓMEZ, José Antonio. Estudiar ambientes: A análise de contextos como práctica educativo-ambiental. Oleiros: Concello de Oleiros, 2000. 192 p.

Máis información: http://www.usc.es/theo/profesorado/caride.htm

Pablo A. Meira Cartea

Pablo Meira é colaborador do Congreso, participando no "Encontro dos Puntos Focais Luso-Galaicos en Educación Ambiental".

Doutor en Ciencias da Educación e profesor titular de Educación Ambiental da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O seu traballo e a súa pasión é formar pedagogos e educadores sociais conscientes da problemática ambiental contemporánea, e do papel que poden xogar as institucións e os profesionais da educación no seu desenvolvemento, así como na busca de alternativas.

Froito da súa labor científica e académica é a realización de investigacións e a publicación de artigos e monografías relacionados con distintos aspectos da Pedagoxía e da Educación Ambiental.

Dende a súa fundación, en 1987, é membro do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: MEIRA CARTEA, Pablo A. Educación ambiental: Fontes e recursos documentais. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 1998

Máis información: http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=5

Lucía Iglesias da Cunha

Lucía Iglesias da Cunha é colaboradora do Congreso, e dinamizadora da área de traballo "Educación Ambiental e Universidade".

Licenciada en Ciencias da Educación, especializouse en Intervención Socioeducativa o que lle permitiu unha primeira aproximación á Educación Ambiental. Unha viaxe organizada entre compañeiros de promoción para visitar equipamentos de Educación Ambietnal situados na área mediterránea dálle unha oportunidade para tomar conciencia do traballo que quedaba por facer en Galicia. Inicia os estudos de Terceiro ciclo coa ide ade investigar as iniciativas de Educación Ambiental desenvolvidas nos concellos galegos. Conseguiu obter un perfil aproximado das mesma se un contacto moi directo con dez concello se cos seus pedagog@s municipais e técnicos en educación. Este traballo, supervisado por Antonio Caride, obtivo o grao de doutora en 1998.

Fonte: IGLESIAS DA CUNHA, Lucía. A educación ambiental nos concellos: A experiencia de Oleiros. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 1999. 127 p.

Máis información: http://www.usc.es/theo/profesorado/cunha.htm

segunda-feira, julho 23, 2007

Emilio Fernández Suárez

Emilio Fernández é colaborador do Congreso, participando na mesa redonda "Comunicación e Educación Ambiental sobre Cambio Climático" xunto con Francisco Heras, Franciso Díaz-Fierros e Rachel Trajber.

É o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Está doutorado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo, sendo Premio Extraordinario de Doutorado no seu ano académico. Imparte clases como mestre titular de Ecoloxía na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

É membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEIGAC), constituído polo Ministerio de Educación e Ciencia do estado español. Emilio Fernández exerce como representante nacional no Comité Ejecutivo do Scientific Comité for Oceanographic Research (SCOR), dependente do Consello Internacional para a Ciencia (ICSU).


Máis información:

http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49-19184/es/contenidos/informacion/climatechangebilbao/es_confe/emilio_fernandez.html

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros é colaborador de Congreso, participando na mesa redonda "Comunicación e Educación Ambiental sobre Cambio Climático".

É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987.


Presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983-1998) , a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, vicepresidente primeiro da institución.


Desenvolveu distintas liñas de investigación nos seus traballos: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía, etc.


Máis información: http://www.consellodacultura.org/interaccion/centroprensa/curriculums/curri_fierros.htm