terça-feira, julho 24, 2007

Pablo A. Meira Cartea

Pablo Meira é colaborador do Congreso, participando no "Encontro dos Puntos Focais Luso-Galaicos en Educación Ambiental".

Doutor en Ciencias da Educación e profesor titular de Educación Ambiental da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O seu traballo e a súa pasión é formar pedagogos e educadores sociais conscientes da problemática ambiental contemporánea, e do papel que poden xogar as institucións e os profesionais da educación no seu desenvolvemento, así como na busca de alternativas.

Froito da súa labor científica e académica é a realización de investigacións e a publicación de artigos e monografías relacionados con distintos aspectos da Pedagoxía e da Educación Ambiental.

Dende a súa fundación, en 1987, é membro do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: MEIRA CARTEA, Pablo A. Educación ambiental: Fontes e recursos documentais. Oleiros: Concello de Oleiros, DL 1998

Máis información: http://www.nerea-investiga.org/es/associados/curricula/scripts/core.htm?p=associados&f=curricula〈=es&item=5

Nenhum comentário: